Páxinas

domingo, 1 de novembro de 2020

Educando, axudando a ser

Non somos iguais. E non temos por que selo: cada un de nós ten o seu propio talento. Axudar aos demais a atopar o seu é o mellor que podemos facer por eles.



Dous homes comentan a marcha dos seus fillos no colexio:
- Pois o meu fillo sacou un dez en Debuxo e un dous en Matemáticas.
- Vaia! E que vas facer?
- Buscareille unhas clases particulares.
- Entón valo meter en clase de Matemáticas?
- De Matemáticas non, home. De Debuxo!

 (Inspirado nun microrrelato de A. Jodorowsky)

venres, 30 de outubro de 2020

luns, 26 de outubro de 2020

Boa sorte, mala sorte

Que non cunda o pánico.
Con frecuencia xulgamos as cousas que nos pasan como positivas ou negativas, pero talvez non o son, só é a nosa interpretación dos feitos a que os fai parecer bos ou malos: a nosa interpretación sobre as cousas que nos pasan pode contribuír a aumentar ou diminuir a dor e o estrés. Polo tanto manteñamos a calma.




luns, 12 de outubro de 2020

PARA REALIZAR OS TEUS SOÑOS

Precioso video sobre a vida, a zona de confort, a zona de aprendizaxe... e a zona de pánico! Moi bonito e didáctico.